Xa déramos conta no seu dia nesta mesma bitácora das Xornadas de Formación dos Premios á Innovación en Normalización Lingüística, celebradas no IES As Fontiñas, en Santiago. Daquela contabamos que os premiados lle entregaran ao Secretario Xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, unha carta na que lle pedían a retirada do decreto contra o galego.
Nesas Xornadas o propio Anxo Lorenzo participaba activamente. Podedes ver no seguinte vídeo uns poucos minutos do debate que se prolongou por máis dunha hora nesa mañán do 30 de xaneiro. Ese mesmo día pola tarde, Anxo Lorenzo debía estar presente en máis actos, pero non apareceu. Veredes a razón.
E tal e como se di na presentación do vídeo fixádevos nesa indignación que agroma nos ollos dos ensinantes: saben que loitan sós e saben os nomes dos responsables desa soidade. A súa vontade, o seu día a día nas aulas, é a trabe de ouro da escola galega. Vai por eles.
as aulas e o despacho from SonCine on Vimeo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario