Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







martes, 2 de febreiro de 2010

Valoración do Consello da Cultura Galega


Deixamos aquí a crítica do Consello da Cultura Galega ao decreto contra o galego:

Ditame do CCG sobre as “Bases para a elaboración do decreto do plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia“


A TVG resumíao neste titular: "O Consello da Cultura Galega pide que non se empregue o inglés como lingua vehicular no ensino"



As conclusións deste ditame son as seguintes:

A) As liñas mestras da política lingüística en Galicia, e calquera modificación
substantiva da normativa legal vixente, deben ser arroupadas por un amplo consenso
político, social e institucional.
B) En ningún caso se deben tomar medidas que supoñan pasos atrás no proceso de
recuperación do galego como lingua propia de Galicia, co obxectivo de situalo en pé de
igualdade co castelán.
C) Os responsables políticos e o goberno galego deben impulsar un discurso público en
que o idioma galego deixe de formularse en termos de problema e pase a comprenderse
en termos de recurso ou activo social.
D) O goberno galego está obrigado a dispor dos recursos necesarios para o eficaz
desenvolvemento de políticas de promoción do galego. Estas actuacións non deben
reducirse ao ámbito educativo, senón que deben ir dirixidas ao conxunto da sociedade,
procurando concitar a colaboración activa dos axentes civís.


Como medida adicional aconsellan ao Parlamento unha comisión co fin de elaborar unha proposta consensuada a partir do Plan Xeral de Normalización Lingüística.

Entre os puntos que máis destacaron os membros do Consello da Cultura están:



Non resulta adecuado, mesmo desde o punto de vista formal, tratar esta cuestión (a das linguas estranxeiras como vehiculares no ensino)nunha norma que ten como obxecto a regulación da utilización no sistema educativo das dúas linguas oficiais de Galicia.


A previsión de utilización dunha lingua estranxeira como lingua vehicular nun
terzo do horario lectivo, con carácter xeral e uniformemente desde a educación
primaria ata a fin do bacharelato, resulta desaconsellable desde o punto de vista
pedagóxico e inviable na práctica,


Sobre a elección da lingua por parte dos pais O Consello da Cultura Galega rexeita esta previsión, por considerar que, ademais de resultar imposible de tornar operativa na organización educativa, é invasiva das competencias e responsabilidades atinxentes á organización da docencia que corresponden á Administración pública e aos propios centros do ensino, e unha potencial fonte de tensións e conflitos no seo da comunidade educativa.

a previsión xenérica de que o alumnado utilice nas aulas e nos exames o
idioma da súa preferencia, con independencia da lingua asignada a cada materia, carece
de lóxica educativa.

Ningún comentario:

Publicar un comentario