Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







xoves, 9 de xuño de 2011

Web do CCG e foros.gl, a rede galega renóvase e crece

Renovación do web do Consello da Cultura Galega
Xa tiña un espazo web desde o ano 2000, mais desde agora renovou o seu aspecto e centra na súa Mediateca a idea principal sobre a que montar o seu cambioDeste xeito, eventos e convocatorias públicas da institución adquiren unha importante visibilidade. Na zona inferior da páxina de inicio, o visitante pode acceder a un mosaico de actividade dos diferentes deparamentos e Arquivos da entidade, ofrecendo un corpus dinámico.
Alén disto, o Consello da Cultura, desde estes días tamén estende a súa presencia na rede a facebook e twiter






Foros.gl
Conta Manuel L. Rodrígues no seu blogue que a idea de foros.gl foi argallada nunha taberna cos arumes dun licor café. Presentouse o pasado luns e está inspirada en boards.ie, web de referencia en Irlanda. Así foros.gl nace co obxectivo de  construír un lugar virtual de encontro onde achegar ideas, vivencias ou dúbidas en clave galega. Para isto, animan os internautas a unírense a esta comunidade e compartir as súas inquedanzas. Tamén conta cun blogue e un facebook.

1 comentario:

  1. Gran iniciativa de foros.gl. Facia falla algo así na nosa terra.

    ResponderEliminar