Pode que alguén nos chame dexenerados, pero non nos importa confesalo, unha das nosas páxinas favoritas é a da Secretaría Xeral de Política lingüística. Alí enterámonos de que o máximo responsable deste departamento, Anxo Lorenzo , foi entrevistado en RNE. Deste xito está a cumprir coa súa máxima de falar e negociar moito fóra do alcance mediático, obxectivo no que ten a inestimable axuda de Jesús Vázquez. Entre os dous encheron moitos metros cadrados de xornal esta semana, e polo que se ve tamén se prodigaron polas ondas hertzianas, nun alarde de consenso cos medios, no canto de establecer, o consenso, cos axentes implicados na normalización lingüística e no ensino. Pois, polo que se ve, niso de estar continuamente nos medios consistirá o pacto.
Outro dos principios básicos polos que se guía Anxo Lorenzo é o do deseño de consensos e pactos, aquí o tendes, do su power point. Ben, quédase no deseño mediático porque pacto, o que se di pacto, realmente non o hai, está divulgado por el e polo outro nos medios, pero non existe xa que non hai pacto cos pais (as ANPAS manifestáronse contra o decreto), nin cos alumnos (sindicatos de estudiantes tamén contra o decreto), nin cos profesores (todos os sindicatos contra o decreto), nin tan siquera cos de matemáticas (AGAPEMA contra o decreto). Tampouco temos o acordo dos directores, que se posicionaron en contra do decreto, e por moi cínicamente que a páxina web da SXPL diga que nese compromiso de consenso o proxecto de decreto responde ás suxestións e observacións realizadas polas preto de 30 entidades que o Goberno galego escoitou, entre elas o Consello da Cultura Galega e mais a Real Academia Galega (sic), temos a impresión de que nin unha nin a outra ven ningunha das súas indicacións reflectidas no proxecto do que se fala, entre outras cousas, porque pediron a retirada do mesmo, por poñer un exemplo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario