Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







martes, 16 de marzo de 2010

Orense contra Ourense


Todos no instituto coñecedes a Xosé, ese que presenta os festivais.
Pois o que colocamos aquí é o que lle sucedeu a el hai uns meses.
O Xosé ten un Peugeot e, como é un tipo curioso, faille todas as revisións que lle din no servizo autorizado na cidade de Ourense, o concesionario Peugeot MOSA Orense. No taller trátano ben, os mecánicos son amábeis e explícanlle detalladamente todo o que se refire ao carro.
Días despois da revisión chámano á casa pedíndolle se pode respostar a unhas preguntas sobre os servizo recibido. Respostou a todas as cuestións de maneira positiva para o taller e na última preguntáronlle se tiña algunha suxestión para mellorar o servizo. O Xosé, que xa coñecía a pregunta doutras veces, respondeu o mesmo que sempre, que lle gustaría ter o papeis, facturas etcétera en galego, e como outras veces lle dixeran que non iso non era posíbel xa que a empresa era de fóra, engadíu que senón en francés, de onde era a empresa. Aí pensou que quedara a cousa, pero non foi así.
Uns poucos días despois recibiu de novo unha chamada desde o concesionario preguntando por José Manuel, el díxolle que era Xosé Manuel, ao que o empregado respondeu de xeito seco que alí poñía José Manuel, pero que cada un podía chamarse como quixera. Empezaba ben a cousa!, pensou Xosé. O empregado de MOSA Ourense díxolle (todo en castelán, por suposto) que o chamaba para explicarlle que non ían darlle os papeis en galego porque non estaban obrigados por lei. -Evidentemente, se fose obrigado por lei, teríavos denunciado, pero a min preguntástesme cómo mellorar o servizo, por iso os pido en galego-. Entón o empregado, de malos modos empezoulle a dicir que Galicia no es Cataluña, esto es España y ¿que problema tienes con la lengua? Aquí no es obligatorio y por eso no te damos el papel, lo que me parece muy bien, además eres el único que lo pide, ¿que pasa eres de Marruecos?, entre outras lindezas. O Xosé indignado pola lección de xeopolítica explícoulle que lle parecía indignante que o chamara a súa casa para dicirlle que non tiña dereito a perdir que se empregara a lingua do país, e que se era o único pois que era a súa suxestión, tan boa coma a de calquera. Galicia no es un país, el país es España, obtivo por resposta. Por aí foi acabando a conversa despois dalgúns intercambios verbais máis: – que si a mi a gallego no me gana nadie, que si soy de aldea de toda la vida-. – Que a min de onde sexa vostede éme indiferente, eu sei cales son os meus dereitos e pedín que mellorasen o seu servizo, non estou facendo un concurso de galeguidade-. A conversa rematou de malos modos, como debe rematar toda boa chamada de Atención ao Cliente para mellorar o servizo, si señor, un profesional!.
Xosé M. Rodríguez decidíu entón chamar ao concesionario para falar con algún responsábel e puxérono co xerente. Que lle pedíu desculpas e díxolle que se ía enterar do que pasara e que o solucionaría. A solución foi obrigar ao empregado a repertirlle por teléfono ao Xosé que non ían darlle os papeis porque non era obrigado por lei, e que como llo pedía o seu xerente, lle pedía desculpas. Así que o Xosé quedou sen papeis en galego, insultárono na súa na súa propia casa e un empregado desculopouse porque o obrigaron. Así que se tes un Peugeot xa sabes que suxerir. Esta é a igualdade e liberdade de escolla!

Ningún comentario:

Publicar un comentario