Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







venres, 26 de marzo de 2010

Enquisa sobre decreto e prexuízos.

Cre que o novo decreto do plurilingüismo fai que aumente os prexuízos contra o galego?
Esta é a pregunta que fai agora o diario Galicia Hoxe desde a súa versión dixital.
Deixámolo aquí, máis que nada como curiosidade informativa pois sabemos que este tipo de enquisas sen ningún control científico non teñen tampouco valor algún. Pode ser que lle sirva aos redactores do periódico para ofreceren un produto máis acaído aos lectores que frecuentan este medio (e que participan neste clase de xogos).
O que si estaría ben sería en que pensáramos con vagar na resposta á cuestión que promove Galicia Hoxe.

Ningún comentario:

Publicar un comentario