Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







xoves, 18 de marzo de 2010

Xogando ao despiste


Din os de Galicia Hoxe que Anxo Lorenzo anda Xogando ao despiste
Pois vendo as noticias das que é protagonista...
A Consellería de Educación anulou onte, por sorpresa, a reunión da Mesa Sectorial prevista para hoxe, onde se ía debater o Regulamento Orgánico de Centros (ROC) no apartado relativo aos equipos de normalización lingüística. A reunión fora acordada o martes tras encontrarse os sindicatos que o departamento de Jesús Vázquez levaba os ROC das escolas de idiomas e mais dos conservatorios, pero non os destes equipos aos que o novo anteproxecto do Decreto de plurilingüismo despoxa do termo "normalización".
Xosé Cabido, representante do STEG, amosou onte a súa estrañeza pola repentina anulación, notificada mediante un correo electrónico.

Ningún comentario:

Publicar un comentario