Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







xoves, 18 de marzo de 2010

Síndrome da boca ardente


Esta é a foto da situación do galego na actualidade.
Cal das dúas laranxas pertence á árbore do galego, e cal á do castelán?
Cal das dúas árbores vai ser regada? cal terá o abono?
Cal das dúas árbores vai ser trasplantada a unha zona de sombra, a unha terra erma?
Cal das dúas laranxas se vai exprimir?
A todas estas preguntas teño resposta. Pero hai unha cuestión que me trae de cabeza e non dou coa solución.
Pregúntome se unha delas é doce e outra amarga.
Remexo na arañeira da rede e consulto na wikipedia o que teñen sobre a entrada sabor.
Chámamame a atención unha enfermidade que recibe o nome de síndrome da boca ardente. Consiste en ter ardores na boca, na lingua ou nos beizos sen causa coñecida e que produce un mal funciónamento na recepción dos sabores. Din que non é contaxioxa, pero eu ben vexo que pola Xunta debe haber un andazo.
Non sei se o secretario xeral de política lingüística tería que ir ao estomatólogo a que lle miren a lingua pois probou a laranxa do galego e polos corredores de San Caetano comentaba que lle tiña un sabor amargo, que se alguén lle sabía doce, que fose aos tribunais, e mentres, todos a tomar limón, que tamén é un cítrico (un cínico). El é o enfermo e aplícanos a nós a medicina. O peor e que, segundo me contan, a síndrome da boca ardente non ten cura. Así como veu pode marchar. Un posible tratamento é a base de ácido fólico que se encontra nas améndoas, pero tamén na tripallada dos animais.
Tiña idea de lle mandar unha caixa de vísceras a ver se así... pero non sei, pode ser que aínda me tome a cousa a mal, vós que opinades?

Ningún comentario:

Publicar un comentario