O presidente provincial do PP da Coruña e voceiro desta formación no Concello da cidade, Carlos Negreira, instou onte o PSdeG a sumarse ao anteproxecto de decreto do galego promovido polo Executivo Núñez Feijóo a elixir entre "un monolingüismo emprobrecedor" ou un "plurilingüismo enriquecedor" neste debate.
Curiosamente na bitácora de Negreira hai un "monilingüismo empobrecedor" en castelán. Ou é que por ser en castelán, o monolingüismo xa pasa a ser enriquecedor?
Negreira defendeu o anteproxecto polo seu "nivel de transparencia" e a "participación importante", indicou ao argumentar que o seu contido se fixo chegar, antes da súa presentación oficial, a "varias institucións".
E non lle fixo caso a ningunha, nin á CIG, nin á STEG, nin á UGT, nin a CCOO, nin a ANPE, nin á RAG, nin ao CCG, nin ao PSOE, nin ao BNG, nin á Nova Escola Galega, nin á AS-PG, nin a Queremos Galego, nin á Mesa, nin ás outras 700 asociacións que forman parte de Quermos Galego, nin a....
Así mesmo, insistiu en que o "escenario" respecto do anteproxecto de decreto do galego "está bastante claro". "O BNG pide un modelo de inmersión lingüística, o PP o 50 por cento de equilibrio entre as dúas linguas e a introdución dunha terceira lingua", afirmou en alusión neste último caso ó inglés, "e o PSdeG non sabe o que quere", engadiu ao denunciar a postura dos socialistas galegos respecto disto. Todas estas denuncias enmárcanse dentro do espíritu do consenso e da amabilidade lingüística.Remexendo na bitácora de Carlos Negreira atopamos expresións enriquecedoras como "El barrio de Las Jubias ", a sempiterna e zunante expresión La Coruña , ou outros disparates toponímicos como La Torre, Maestro Mateo, Cuatro Caminos, Los Castros, La Gaiteira, Los Mallos y el Agra del Orzán.
Fonte: Galicia Hoxe
Ningún comentario:
Publicar un comentario