Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







venres, 19 de marzo de 2010

Mentiras contra o galego

A única forma de actuar contra o galego é divulgando mentiras, ocultando a realidade e identificando a nosa lingua a aspectos negativos. Isto é o que se está a facer actualmente, e desde hai tres anos, nunha campaña sen precedentes contra a nosa lingua.
Dentro desta campaña, o Faro de Vigo, regálanos hoxe unha entrevista a Jesús Vázquez, conselleiro de educación.
O titular é ben significativo: "El 60% de los centros imparte más de la mitad de materias en gallego y la sociedad lo rechaza". Dúas mentiras de titular.

A primeira mentira: o 60% dos centros imparte máis da metade das materias en galego. Segundo Vázquez esta cifra déronlla os inspectores. E aos inspectores daríanlla os directores dos centros, e éstes, para non teren problemas darán as cifras que marca a lei vixente: polo menos o 50% en galego, sexan ou non certas. Para dar cifras, primero hai que ir a fontes fiables. O único estudo que hai sobre a porcentase de aulas impartidas en galego/castelán é un informe publicado polo Consello da Cultura Galega e dirxido por Bieito Silva onde o índice de uso do galego nos centros de secundaria estudados estaba entre o 30% e o 40%. Por outra banda hai resultados que este conselleiro nunca cita. O Mapa Sociolingüístico deixou moi clariño que o uso do galego na xuventude está baixo mínimos. Por darmos unha cifra esaxerada a xuventude galega non usa o galego nun 70%, e isto só sobre datos cuantitativos, pois cualitativamente a incapacidade de uso da nosa lingua entre a xuventude é escandalosa.

A segunda mentira: a sociedade rexeita o galego. Iso é o que queren desde o goberno galego! Do decreto vixente só houbo 3 queixas. Esta é a gran maioría, este é o rexeitamento. A sociedade galega quer o galego, pero hai un grupo de zunantes na sociedade que está a facer unha campaña dirixida a atacar ao galego, e o peor disto é que moitos deles están no goberno.

Sobre a entrevista, non nos imos extender, agardamos a que alguén con máis capacidade que nós lle conteste a Jesús Vázquez. Agardamos que o faga, por exemplo, Xabier Docampo nunha desas súas cartas abertas.

Aínda así comentaremos tres preguntas que lle resultaron moi molestas ao conselleiro.

Pregunta 1: ¿Ayudará el libre uso del idioma en el aula a que el gallego deje de ser la lengua minorizada?
–Lo que no se puedes es imponer porque provoca un efecto contrario, de rechazo. Profesores próximos al nacionalismo llegaron a decir: “A veces tanto se ama que se puede ahogar la lengua”. Un alumno con 10 o 12 años tiene competencia en las dos lenguas cooficiales. Se culpa al sistema educativo como si fuese el único responsable, y en el uso del idioma entran más factores. Hay un cambio demográfico y generacional.
Contesta o conselleiro á pregunta?



Preunta 2: Es la primera norma que da un paso atrás en la presencia del gallego en la enseñanza.
–Hay una reacción feroz por parte de unas minorías. Si te encierras en ti mismo, cada vez te quedas más aislado. El gallego no tiene propietarios.
Chámalle "minorías" á maioría da sociedade galega. E fixádevos na reacción, pregúntanlle sobre o ataque ao galego e reacciona identificando galego con limitación, aillamento, pecharse en sí mesmo. Fíxoo outra vez, non contesta. Ten medo de negar que é galeguista, quer ocultalo



Preguna 3: ¿Se considera galleguista?
–¿Tú naciste aquí? ¿Vives en Galicia? ¿Quieres a Galicia?
–Sí.
-Yo también.

Outra vez. No canto de contestar negativamente, non responde. Ten medo a dar a verdadeira resposta porque sabe que se se delcara antigaleguista está amosándose tal e como el é. Yo también que? Ti tamén vives en Galicia, o cal é unha limitación, un aillamento, pecharse en sí mesmo.

En todas as entrevistas a Jesús Vázquez aparece o dato de que naceu en Nurenberg.

Ningún comentario:

Publicar un comentario