O Padre Feijóo abreulle as portas ao galego en Galicia. Era partidario de impartir as clases en galego e criticaba á Igrexa por ser axente activo na substitución lingüística. Feijóo elevou o galego á condición de lingua cando asegurou que o galego non era o dialecto de ningunha outra fala.
Alberto Núñez Feijóo pechoulle as portas ao galego en Galicia. É partidario de impartir as clases en castelán e louva á Secretaría Xeral de Política Lingüística por ser axente activo na substitución lingüística. Feijóo rebaixou o galego á condición de patois cando falou en castelán ao Clúster da automoción en Vigo.
Preguntámonos para que serve que o parlamento aprobe hai pouco máis dun mes que o Parlamento galego aprobara que todos os cargos públicos deben someterse "á necesidade de facer uso público, tanto oral como escrito, da lingua galega no desempeño da súa responsabilidade pública". Con que autoridade moral lle van pedir aos profesores de ciencias que o vindeiro curso impartan clase en castelán aqueles que non cumpren os mandatos que eles mesmos aproban?
Velaí: Nunha ocasión, daquela cando era pequeniño, o señor Feixóo andou por Lugo con seus país e entraron no Castroverde, un bar que daba unhas tapiñas de callos e unha taciña de ribeiro. Aquel día, estaban no bar parrafeando e discutindo, don Ánxel Fole e don Xosé Trapero Pardo. Feixóo e os seus pais apartáronse para un lado e don Fole e don Xosé seguiron parrafeando sen deixaren de discutir; semellaba que se levaban moi mal, e coma toda a xente de Lugo xa os coñecía, ninguén reparaba na liorta dos dous intelectuais que sempre falaban en galego. Daquela, á xente pasáballe coma a case todos os chineses que cando ouvían falar en galego, non entendían nada. O galego estaba mal visto polas autoridades franquistas e pola xente, que dicía, sobre todo aos cativos coma o señor Feixóo: "Habla bien" e comezaban a falar castelán porque o galego, dicían, era de pailáns.
ResponderEliminar