Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







xoves, 25 de marzo de 2010

Cubatas por la libertad lingüística

Foto do diario Público: Feijóo e María Mera
Feijóo acudiu o pasado 5 de marzo a unha cea, mais esta non era de partido senón que tiña un fin benéfico: recadar fondos para unha organización non gubernamental que traballa por reconstruír Haití. Por ese mesmo motivo, diversas organizacións e colectivos sociais que acudiron ao acto, sen ter relación co PP, non se sentiron a gusto co discurso do presidente que versou sobre temas políticos.
Pero o que nos interesa aquí, non é iso, senón, outra vez, o desprezo pola lingua... e polas mulleres. Temos que lembrar, unha vez máis que o parlamento aprobou "a necesidade de facer uso público, tanto oral como escrito, da lingua galega no desempeño da súa responsabilidade pública". E nin con estes condicionantes usamos o galego: ser cargo público e na actividade pública. Non queremos pensar cales son os comentarios sobre a normalización e o respecto á nosa lingua cando Feijóo, e outros desenvolven a súa vida privada.
Y por eso podemos hablar castellano cuando nos da la gana (aplausos). Bueno, voy a ser breve porque he quedado con María Meira a partir de la una a tomar una copa (risas)...De momento me dijo que no, pero lo voy a intentar
O vídeo é moi educativo. Pois iso: cubatas hasta las seis de la mañana por la libertad lingüística.


Pois parece que xa houbo presións para que sacaran o vídeo. Hoxe pola mañán podíase ver sen problema. Ás 17:30 xa o retiraran.
Non importa. Aquí tendes a transcrición literal do que dicía Feijóo (e de todo o que se oía no vídeo). Podedes imaxinar o resto, o ambiente, uns mozos que parecen bébedos, mala educación, Feijóo pedindo silencio para intentar rebaixar o barullo... un ambientazo.
Boas noites a todos e a verdade é que me sinto moi orgulloso (entre o público: "cala a boca, home") de ver o futuro de galicia (risos no público: "cagho en dios"). E o futuro de Galicia está aquí (alguén do público: "vas bo, vas bo").... Se vos calades sigo falando...Gracias (Público: "que chulería") Me dice María Meira que vos caledes un pouco que estou falando eu... Moitas gracias. De verdade que agradezo moito que vos sintades orgullosos de participar na defensa dos intereses xerais de Galicia. De ser dunha forma de pensar, de ser duns principios e duns valores que combatir. Se aquí, en vez de xente do PP, foran do BNG non serían nin peores nin mellores. Serían distintos. (entre o público: "bueno·).Se foran do PSOE, case todos eles estarían empregados nalgún choio ou nalgún ministerio (entre o público: non se ve moito pero é ghuapo"). Se nos dirixiran os nacionalistas, só poderiamos falar nunha cousa e estarían falando toda a noite mal do PP. Pero como nós non somos nin do PSOE nin nacionalistas e non falamos mal de ninguén....(Público: "non, apenas!"). Y por eso podemos hablar castellano cuando nos da la gana. Bueno, voy a ser breve porque he quedado con María Meira a partir de la una a tomar una copa...Yo voy a intentarlo. De momento me dijo que no pero lo voy intentar. (entre o público: "un sinverghuenza, é un pallaso. Había que rebentarlle a cara por dicir esas tonterías). Me siento muy orgulloso de estar entre milintantes, de decir que soy del PP, que creo en la libertad y que la gente que está aquí es gente con la que me identifico, que no es dogmática, que está dispuesta a aprender todos los días y que cree en la reforma constante de la sociedad. Y después de dar todo el discurso, sé que lo que estais pensando es tomar el postre y marcharos al pabellón de ahí que va a haber música (un do público: "fala inglés, oh!"). Por lo tanto, me comprometo, si Adolfo y todo la gente que lo ayuda, el director general de Juventud, todos los concejales de Boqueixón que nos acompañan y del resto de los ayuntamientos de la zona, si organizan una fiesta de verdad, si no me mienten y me dicen que va ser una fiesta hasta las 6 de la mañana, yo me comprometo a ir a esa fiesta. Al día siguiente no puede haber ninguna agenda política. No tengo que ir a Bayona o a Orense y, al día siguiente, lo que me comprometo es a saludaros en la hora del desayuno. Y de aquí hasta que se organice la fiesta yo voy a seguir hablando con María Veiga a ver si....

Ningún comentario:

Publicar un comentario