No ano 2008, o estudo publicado polo Consello da Cultura Galega, e coordenado polo profesor Bieito Silva Valdivia indicaba que a porcentaxe de uso do galego en matemáticas no 1º ciclo da ESO era dun 40% en 1º da ESO 30,9% en 2º da ESO. Estas cifras danse a pesar de se prescribir nesta materia o ensino en galego. Aínda con seren cifras nada altas, é a terceira materia, despois de Ciencias Sociais e Ciencias da Naturaleza en uso do galego. Podedes comprobar no gráfico que salvo estas últimas dúas, o resto das materias impártense en castelán nunha proporción de 6 a 4 a favor do castelán. Nos outros dous cursos da ESO (3º e 4º)os resultados son semellantes. De castelanizarse só a materia de matemáticas a desproporción entre galego e castelán pasaría a unha proporción 7 a 3.
Normalización, promoción, dinamización? de que?
Imposición do castelán, como sempre.
Ou non estou lendo ben o gráfico, ou hai algo que non entendo... Segundo isto, a materia de Matemáticas é a que menos se dá en galego de todas, nada da terceira...
ResponderEliminarAsí que, por outra parte, é a asignatura na que menos se retrocede.