Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







sábado, 20 de marzo de 2010

Os directores contra o proxecto

A minoría da sociedade galega segue a pronunciarse en contra do proxecto de decreto. Agora Os directores tamén rexeitan o decreto do galego. A Federación Galega de Asociacións de Directivos de Colexios de Ensino Público (Fegadicep) sinala que a norma vai supor “un foco de tensións que vai afectar á convivencia entre o profesorado e tamén entre pais e nais” ao permitir que estes elixan o idioma vehicular de diversas materias. Para a federación, a lingua no ensino “non pode ser imposta polas familias”. O idioma na educación “está perfectamente definido na lexislación actual, e non significa falla de democracia ou participación na vida escolar”, advirten os directivos.
A Fegadicep tamén apunta que a iniciativa da Consellaría de Educación “atenta dun xeito moi grave” contra a autoridade do profesorado na aula e que os equipos directivos "quedan abandonados á súa sorte nas súas actuacións diarias".

Ningún comentario:

Publicar un comentario