por Miguel Anxo Fernán Vello, no Galicia Hoxe:
Di dona Odiadora Profesional do Galego (de aquí en diante Odiproga) que un neno ten pesadelos por ter que estudar Coñecemento do Medio nun libro en galego. A situación é tal (informan as crónicas) que o pequeno chegou a dicirlle á súa proxenitora frases como esta: "Mamá, esta noite soñei que a miña profe me quitaba o libro das mans". E a feridísima proxenitora denunciou, facendo gala de hiperbólica visión infantilista: "Sinto que mando o meu fillo ao campo de batalla". Marzo do ano 2011. Fica ben claro que tanto dona Odiproga como a proxenitora requintada viven noutra realidade, noutro país físico e "mental", e alguén con competencia en materia de conduta humana (ou elas mesmas, na intimidade, como Aznar) debera analizar as súas actitudes tanto no plano afectado polo pedagóxico como no que ten que ver co do sentido común. Resulta que a materia Coñecemento do Medio debe ser impartida en galego, pois así o establece a normativa aprobada pola Xunta, mais a proxenitora en cuestión pretende, porque si, que o seu fillo de seis anos utilice, contra os criterios pedagóxicos e o sentido común (e neste caso tamén legal), o libro de dita materia en castelán, cando todos os demais alumnos o utilizan con normalidade e naturalidade en galego. ¿Será consciente esta señora do dano que lle está a causar ao seu fillo, só por tratar de impor a súa ideoloxía política extremista en contra da lingua galega? "Sinto que mando o meu fillo ao campo de batalla". Pobre soldadiño infante, vítima el da fobia organizada contra o idioma propio de Galicia. E a nai, aínda por riba, di a todos os ventos que "es gallega de pura cepa". ¿Que clase de galega será esta señora que despreza, como todos os "odiproga" (odiadores profesionais do galego), a máxima creación colectiva do pobo do que todos formamos parte? O verdadeiro pesadelo consiste en asistirmos á morte lenta do noso idioma e ao mesmo tempo vermos como os etnocidas (máscaras de odio), "gallegos de pura cepa", perseguen con malsá teimosía antes de tempo o seu cadáver..
Triste é que unha nai diga que o seu fillo é parvo ou que o tome por tal. Non coñezo ningún neno que teña problemas por ter un libro en galego. Traballo no ensino e a existencia de libros en galego é máis trauma para algúns pais que para os seus fillos.
ResponderEliminarNon creo que este neno sexa menos intelixente ca os seus compañeiros. Pero hai quen di que lle custa ter un libro en galego e que iso lle fai estudar peor e... Era como aquela que dicía que o seu fillo o pasaba fatal ao facer os deberes e ela chegaba de salvadora, traducía o libro e... o neno respiraba aliviado. Non é triste?
E que pasaría se o libro estivese en inglés? Ou é que a inmersión en inglés non é traumática segundo esta xente?
Pois o rapaz xa está comenzando a ser menos intelixente que o resto dos seus compañeiros. Non ten sentido intentar intercambiar argumentos coa zunia, é como falar cun lobotomizado, unha empresa inútil e infértil.
ResponderEliminarO que me pregunto eu sempre que aparecen este tipo de capítulos bochornosos é de que é a culpa de que isto suceda. Os verdadeiros responsables andan polos corredores de San Caetano e séntanse nas cadeiras de mando. Non si?