Debido á morea de queixas que lle chegou, no diario xa modificaron a noticia na que informaban dun concurso de novas licenzas de FM e na que aparecían presuntos topónimos de concellos galegos: *La Coruña, *Roble, *Órdenes, *Mordisco, *Desfiladero, *Cuevas del Rey, *Vivero e *Carretera. Para mexar e non botar gota. Se hai alguén con curiosidade enfermiza pode consultar o texto orixinal no tumblelog As miñas historias.O presunto concello da *Carretera non me custou moito saber a que vila facía referencia, pois vivo nela; aínda que postos a facer a cousas mal, facelas completamente mal: eu aconsellaríalle que para a próxima puxeran *La Carretera. Iso si, o caso de *Mordisco, teño que confesalo, non fun quen de desenlealo, e non me quedou máis remedio que recurrir á nota orixinal da Secretaría Xeral de Medios. para saber de que municipio se trataba. Certamente, a mente humana é retorta como un fouciño.
E que di a todo isto a SXPL? Como sempre, cala.
Ningún comentario:
Publicar un comentario