Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







mércores, 30 de marzo de 2011

O ‘L’ xogoulle unha mala pasada a Negreira

por Cris Moss, no Xornal:


O ‘L’ que o popular Carlos Negreira insiste en poñerlle á Coruña non é nin oficial nin legal, xa que o único topónimo oficial é o galego A Coruña. Non obstante, o candidato á alcaldía herculina decidiu facer do ‘L’ unha das bandeiras da súa campaña electoral na busca de máis apoios.
Tanto era a aposta polo ‘L’ que Negreira quixo que a súa web de campaña se chamase lacoruñaquiere.com. Así o puxo nos seus carteis electorais de precampaña. Pero hai uns días que os carteis mudaron. O único que poñían era coruñaquiere.com. Desaparecía o ‘L’ deNegreira pero tampouco aparecía o ‘A’.
Contan dende o entorno de Negreira que o cambio da web non se debeu a un tema lingüístico nin moito menos senón que o dominio lacoruñaquiere.com xa estaba rexistrado e que por ese motivo tiveron que cambiar os seus carteis electorais. Non obstante outras fontes din o contrario.
Aseguran esas outras voces que o PP coruñés non tivo présa por rexistrar o dominiolacoruñaquiere, polo que alguén aproveitou para rexistrar o dominio e xogarlle unha mala pasada a Negreira. O certo é que non foi moi atinado facer carteis de precampaña se ter mirado antes o dominio da súa web.

Ningún comentario:

Publicar un comentario