O de onte foi un día de celebración para o PP e en especial para o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, por ser a data na que se cumpría o segundo aniversario da súa vitoria electoral, se ben non protagonizou ningún acto especificamente convocado para conmemorar este cambio político.
O presidente dedicou o día de onte a facer balance non do seu mandato, senón do Xacobeo 2010, cun acto na Cidade da Cultura no que, non obstante, non evitou as referencias á súa vitoria nas urnas. Previamente, e si co gallo da conmemoración, o xefe do Executivo protagonizou ata tres entrevistas radiofónicas.
Nunha delas, na Cadena Cope, Feijóo recuperou a que fora unha constante dos seus discursos como candidato, isto é, a cuestión lingüística. Segundo explicou, unha vez chegados ao ecuador da lexislatura, “o bilingüismo cordial volveu ás aulas” e a “proporción” de idiomas aos libros de texto, di.
Dentro da súa visión das reformas lingüísticas, Feijóo gabouse non só das medidas adoptadas, senón tamén da súa acollida. Obviando as múltiples protestas contra a súa política lingüística, o presidente aseverou que en Galicia “xa non se fala do tema” porque o “bilingüismo cordial” foi “asumido”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario