Veño de engadir un novo medio na columna da dereita, o que, tal e como andan as cousas, é unha porta aberta á esperanza e ao optimismo. Trátase do dixital Que pasa na costa, convén botarlle un ollo. Vou contar como din con el.
Eu andaba remexendo pola arañeira da rede, nas miñas cousas, cando atopei unha activade do IES de Ponteceso sobre matemáticas, claro. Chamoume a atención que estiveran á procura de 3267 = 11*11*3*3*3 latas. Con elas pretenden facer un modelo do triángulo de Sierpinski, que non sería outra cousa que o que quedaría do triángulo que se pode ver pegado neste post se continuáramos realizando os pasos que se ven ata o infinito.
Resulta que o tal triángulo de Sierpinski pareceume unha boa metáfora do proceso histórico de substitución do galego. Ao principio temos o triángulo cheo, todos falan en galego, despois do primeiro paso, sacámoslle un anaco, ou se preferides, a clase social dominante abandona a nosa lingua. Despois doutro paso, a cada un dos triángulos lle sacamos o seu anquiño correspondente ou, continuando a analoxía, os habitantes das grandes vilas e das cidades son agora os que se mudan ao castelán,... Claro que, desde un punto de vista estritamente matemático tamén podemos comenzar a encher os ocos triangulares, poñendo en cada un deles, por exemplo, primeiro un triángulo que ocupe o seu centro, e despois 3, un cada un dos tres oquiños máis pequenos que van quedando, e despois 9 máis, e 27, e 81,...
Ningún comentario:
Publicar un comentario