Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







xoves, 24 de marzo de 2011

Día da tuberculose

Hoxe é o día da tuberculose, que din endémica en Galicia.
E o pasado luns foi o da poesía polo que era case unha obriga colgar unha poesía na arañeira da rede, pero sendo un como é, despisteime por completo. Vou intentar remediar este erro pois se o noso idioma ten folgos é grazas a que Rosalía se lle dou por escribir en galego.
Gustoume moito este poema que recollín do SNL de Redondela, que aínda que vaia en árabe, enseguida se ve de que obra se trata.



Nestes tempos galegófobos, a ver se hai unha boa infección e se contaxia todo o mundo, que polo que eu sei, o galego é endémico en Galicia.

Ningún comentario:

Publicar un comentario