Este pasado luns falábamos dun blogue dun xaponés en galego no que comentaba as súas impresións persoais sobre o desastre que están a sufrir naquelas terras. Hoxe quero achegar aquí esta reflexión de Tadashi Yamamoto, profesor na Universidade de Tenri que visitou Galicia varias veces nos últimos anos. Tadashi vive en Osaka a 700 quilómetros do epicentro do terremoto, comenta:
Aínda aquí, onde non nos afectou case nada o movemento sísmico, ficamos nerviosos e frustrados. Así, pola nosa inquietude para coñecer o que ocorrera e ocorrería de verdade, requerimos máis informacións, e as informacións excesivas acumuladas na pantalla e nas páxinas da prensa fannos máis inquietos.
Vía Fala Londres
Ningún comentario:
Publicar un comentario