Páginas
Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego
xoves, 24 de marzo de 2011
Media campaña da Secretaría Xeral de Política Lingüística
Por fin unha cousa ben feita pola Secretaría Xeral de Política Lingüística. Trátase do cartafol "Xeneración dos Axóuxeres" que repartirán ás embarazadas que se atopen no 3º trimestre de xestación. O material que se lle achega aos pais consta duns folletos informativos, outro cunha lista de nomes, un CD con cancións, un babeiro.
... Pero segundo informa a propia SXPL, distribuiranse únicamente 10.000 unidades. Sabendo que o número de nacementos en Galicia, segundo o Instituto Galego de Estatística, entre os anos 2005 e 2009 sempre superou a cantidade dos 20.000, é seguro que a campaña non chegará nin á metade das familias que teñan un fillo nos vindeiros 12 meses. Como sempre, a promoción do galego, baixo mínimos.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario