A Consellería de Sanidade quere contratar unha campaña de publicidade para a
prevención do alcolismo entre os menores de idade cun custo dun millón de euros e
solicitou que as ofertas que realicen as axencias de publicidade interesadas se presenten só en castelán. Que é o que di a isto a Secretaría Xeral de Política Lingüística, presunta promotora e defensora do galego nos diversos ámbitos da sociedade e moi especialmente na administración autonómica? Non di nin dirá nada, todo isto lle parece ben. Non se pode esperar outra cousa dunha administración que para promocionar o uso do galego, prohíbe o seu uso no ensino e
reduce aportacións ás políticas de fomento e normalización.
A miña tese é que por certos departamentos dalgunhas Consellerías andan algo
bébedos, se non, non se explica.
E se aínda hai alguén que non me crea, que llo pregunte á
guardia civil.
Ningún comentario:
Publicar un comentario