Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







luns, 28 de marzo de 2011

Olimpio Arca Caldas e Alfonso Varela Durán versus José Calvo Sotelo

O pasasdo sábado celebráronse os actos de honra correspondentes ao nomeamento de dous fillos predilectos da vila da Estrada: Alfonso Varela Durán e Olimpio Arca Caldas. Merecida homenaxe a dous defensores da lingua e a cultura galegas que culminou coa colocación de dúas placas nas rúas que levarán os seus nomes.
O doutor Alfonso Valera Durán, ademais da súa carreira no campo da medicina, é un dinamizador da vida cultural estradense. Foi fundador, en 1984, da Asociación de Fillos e Amigos da Estrada, entidade que, ademais de distinguir a aquelas persoas ou entidades estradenses que sobresaen nas súas actividades, tamén edita publicacións, organiza mesas redondas e conferencias e todo tipo de actos culturais.

Olimpio Arca Caldas desenvolveu a súa vida profesional ligado ao ensino e á Estrada. É autor de numerosos ensaios sobre os máis variados temas, na súa maioría relacionados coa Estrada. Así, publicou ensaios sobre o Entroido no Ulla, a nosa emigración, ou biografías de importantes persoeiros locais. Tamén é autor dunha prolífica obra teatral, enfocada á súa representación por parte de escolares.

Pola contra un envía este post desde a rúa Calvo Sotelo, a máis principal desta vila, e que continúa a render homenaxe diariamente a un dos iconos do fascismo. Segundo a dialéctica franquista o asasinato de Calvo Sotelo foi o imprescindible detonante da rebelión fascista contra a II República que levou a unha dictadura que sería especialmente activa no ataque ás linguas periféricas do estado español. Como é posible que unha corporación que rende homenaxe a dous defensores da lingua galega adicándolle dúas pequenas rúas, permita que aínda hoxe a maior das laudacións contínúen a ser para aqueles que sempre buscaron o exterminio da nosa lingua?

Ningún comentario:

Publicar un comentario