Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







luns, 21 de marzo de 2011

Camino de Santiago


O que se ve aquí non é máis que unha mostra do que esta Xunta entende por cultura: a supresión do uso do galego.
Todos os días, ao ir a traballar atopo polo camiño este sinal que puxeron hai aproximadamente un ano, e todos  os días estou tentado a levar un spray de pintura para dinamizalo, que é como se día agora. 
Por certo, que dirá a Secretaría Xeral de Política Lingüística sobre este asunto? Alguén oíu que interviñera neste caso, ou en calquera outro dos múltiples casos de anormalización que padecemos desde as propias institucións?

2 comentarios:

  1. Iso pásache por traballar en Silleda. A foto-denuncia medra, non si?

    ResponderEliminar
  2. Máis ben o que pasa é que xa me amargaba ver ao "outro" sempre por aquí á dereita. Tiña que cambiala á forza, por saúde.

    ResponderEliminar