A única forma que teñen de xustificar a súa política lingüística é contando mentiras.
A seguinte mentira está sacada da web da Secretaría Xeral de Política Lingüística:
o índice de normalización lingüística (INL) que se rexistra no ensino universitario acada o 71,98, o que, situado nunha escala de 0 a 100, amosa un nivel medio-alto.
Moito coidadiño coa redacción. Repito, se é que cómpre: din que o índice de normalización no ensino universitario, no ensino, non na administración, nin o idioma das teses,... senón, o ensino univerisitario.
Só unha preguntiña, cantas aulas se imparten en galego? Hai algúns días comentábamos como unha revista da USC, O Cartafol, destacaba un aumento do 7% das clases en galego na USC, a universidade máis galeguizada de todas, e así chegaba ao 27% de galeguización. Ben sabemos que o uso do galego no ensino universitario anda por cifras que son menores á metade desta última.Efectivamente, un nivel baixo-moi baixo.
A quen queremos enganar? Con que fin?
Por certo, outra boa noticia, o tanto por cento de teses en galego na USC o ano pasado foi a segunda máis alta de toda a súa historia: o 13,19%.
Mirade ben o gráfico, en ningún momento se chega ao 15%.
A media de teses en galego na última década é do 9%. Efectivamente, un nível baixo-moi baixo.
Teñamos en conta que a USC é a máis galeguizada das tres univerisades galegas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario