A mensaxe do seguinte vídeo é que se as empresas queren ter éxito en Cataluña, deben ter moi en conta que a incorporación do catalán no proxecto empresarial fará é condición indispensable para o seu éxito.
Antes de Reis fun ao supermercado que teño perto da casa a comprar unha botella de albariño. Tiñan aproximadamente 20 marcas distintas e eu merquei a única que tiña a etiqueta en galego (era albariño, non rioja o que buscaba)
What is Galicia?
Home, iso de que se fala tanto coma o portugués, tampouco é así!!
ResponderEliminar“It is spoken almost as much as Portuguese” Tendo todo o respeto e admiración por moitas das cousas que os cataláns fan, penso que erran cando comparan as linguas cuantitativamente. Primeiro porque caen en falsidades: o número de falantes de portugués non é só os de falantes europeos, 9.8 millóns como pon na gráfica nin tampouco o número de falantes de catalán é igual ao de habitantes dos països cataláns e segundo, porque dun xeito indirecto lle andan a dar a razón os da lingua universal “con 350 millones de hablantes en todo el mundo y quinta lengua de internet”. Hai unha serie de criterios máis importanes có número de falantes: triste pero certo, a capacidade económica dos falantes é o factor primordial da supervivencia coma lingua. 350.000 falantes de nynorsk terán máis relevancia ca 5 millóns de falantes de guaraní.
ResponderEliminarPor certo: que tal aleguén non tan ben parecido e nativo de inglés para o video?
Kropotkin, creo que o explicas moi ben. No vídeo incídese nunha concepción errónea moi frecuente en Cataluña.
ResponderEliminarCando recollín este vídeo aquí foi con outra idea. Nel insístese contínuamente que se unha empresa quer instalarse e medrar en Cataluña, debe empregar o Catalán. No entanto, desde a Consellería de Industria a mensaxe é a contraria: para que unha empresa poida montarse en Galicia, debe excluir o galego. Véxase, por exemplo, http://cartaxeometrica.blogspot.com/2010/11/outra-campana-da-xunta-contra-o-galego.html