Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







domingo, 6 de febreiro de 2011

Riveira contra Ribeira


Xa me tardaba. Cando a feliz idea dunha amiga me levou a deixar aquí pola dereita unha sección titulada foto-denuncia, eu ben sabía que non había de morrer o conto sen que a propia Secretaría Xeral de Política Lingüística me proporcionara material para a mesma. O que non pensaba é que fose tan pronto.
O Concello de Ribeira, pasando por completo da Lei de Normalización Lingüística, non só está empeñado desde hai ben de anos en deturparse no topónimo *Riveira, senón que incluso lle buscan xustificacións peregrinas como a de que un pleno do ano catapún acordara o disparate lingüístico. 
Bastaríalle ao señor Torres Colomer, alcalde de Ribeira (o da esquerda da foto) buscar no Proxecto Toponimia da Xunta o nome do seu concello para que o conto morrera. 
Pois foi o caso que Anxo Lorenzo ( o da dereita da foto), o Secretario Xeral de Política Lingüística, pasou por este concello-amigo e quixo que se soubese polo que afirmou pomposamente “Os concellos teñen un papel decisivo no proceso de extensión social da lingua galega desde o ámbito local" , Que significa isto? Que lle pegou o aviso a Torres Colomer de que xa vai sendo hora de respectar a lingua tamén na toponimia? Pois ben o sabemos, e  xa veredes todos como Anxo Lorenzo antes de dar nin a máis mínima queixa a ningún alcalde por actuar á mantenta contra a toponimia e a lingua galegas,  apoiará a derrogación da Lei de Normalización Lingüística para acabar co continuo problema que lles supón aos enemigos do galego ese apartado que di que a única forma válida da toponimia galega é, curiosamente, a galega.
Ribeira versus Riveira, eis o conflito lingüístico.

Máis: Grupo de facebook polo B de Ribeira, artigo de Xosé Ramón López Boullón "Ribeira versus Riveira"

2 comentarios:

  1. Non sei con quen tes máis sorte, se comigho ou con Anxo Lourenzo!

    ResponderEliminar
  2. Eu creo que iso está claro: mira as etiquetas e conta o número de veces que apreces ti e despois conta o número de Anxo Lorenzo. De non ser por el tería que pechar o blogue...
    Aínda que de non ser por ti pode que non chegara a abrilo.

    ResponderEliminar