Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







mércores, 23 de marzo de 2011

Navegar en galego


Logo de moitos meses de traballo, acaba de lanzarse o Firefox 4 e o galego é unha das 80 linguas nas que está dispoñible. Foi grazas ao esforzo e traballo constante e voluntario da Comunidade galega de localización de Mozilla, co apoio e colaboración da OSL da USC e do Proxecto Trasno, o galego é unha das 80 linguas nas que está dispoñible o Firefox 4. Máis información, en Mancomún.
Curiosamente desta vez a Secretaría Xeral de Política Lingüística non armou ningún festival para a súa presentación, tal e como fixo para divulgar un Windows 7 en galego, con máis dun ano de retraso con respecto á súas versións en inglés e español. As razóns deben estar no que se explica no post inmediatamente anterior a este, así que mentres que a Xunta paga por unha tradución parcial e trapalleira...

2 comentarios:

  1. Creo que o único que teño 100% en galego na miña vida é o meu portátil!
    Ía dicir "agás as miñas relacións familiares" mais nin elas son enteiramente en galego.

    ResponderEliminar
  2. Non sei se viches o anuncio da SXPL no que publicita o windows7 en galego. Se iso é o que se pretende para a normalización lingüística estamos aviados. O meu trato co meu computador non ten ningunha relevancia normalizadora, o meu trato contigo, cos outros, é o que si a ten. A importancia do galego nas ferramentas informáticas está en que a súa ausencia leva a prexuízos. Agora, a súa presenza é como ter unha soa perna, cómpre a outra, o seu uso social. Non si?

    ResponderEliminar