Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







luns, 14 de febreiro de 2011

A mala educación

Comento o post anterior.
Hai un anaquiño da intervención desta tal Marta do Gran Hermano moi curioso (minuto 6). Despois de arremeter cunha resta de prexuízos comenta "...pero bueno, no se si eso cambiará para mejor porque es una pena que nuestro propio idioma lo tratemos así,..., y que lo hagamos nosotros, además". Marta nese intre está transmitindo que é galega, e que o é grazas a ese idioma que despreza, e do que, no fondo, se arrepinte de desprezar. As razóns da súa nefasta actitude están claras polo resto do que dí. Os familiares, os amigos, os profesores cargárona de prexuízos. No entanto ela, identifícase como galega, e se a educación que recibiu tivese un mínimo de cariño e respeto polo propio, o seu sentimento non entraría en contradición co seu pensamento. Velaí o perigo da mala educación.

1 comentario:

  1. A moza non ten culpa. Seguramente cando era nena escoitaba a cotío eses argumentos, e isto non é máis ca consecuencia daquela educación.

    A culpa a ten dun lado a sociedade urbanita, que sempre fomentou o castelán coma lingua vehicular nas escolas e nas relacións sociais. E por outra banda tamén é culpa do goberno galego, que debe defender e protexer a nosa lingua e mudar certas ideas e prexuízos sobre o galego.

    Eu tamén coincido contigo no tema da educación e prexuízos.

    http://aeirinadepedra.wordpress.com/2011/02/18/os-urbanitas-e-o-galego/

    Un saúdo

    ResponderEliminar