Neste caso Rueda non pinta nada neste post. Non o recortei para que quedara ben clara a data de publicación do titular do artigo que vou denunciar: "As estradas galegas han deixado tres falecidos e cinco feridos". A animalada aparecía hoxe en De Luns a Venres, unha pena como se está a tratar o galego, unha pena.
Podedes seguir lendo baixo o título: "Dous das vítimas viaxaba nunha motocicleta que chocou cun edificio e o terceiro se registró no choque dun vehículo conta un muro".
Hai un presentador na Radio Galega que sempre di: "o coche arrolou cinco persoas que paseaban pola beirarúa..."
Hoxe fun ver o castelo de Pambre (recoméndocho). Hai un cartel na entrada coas normas en galego... que faltas! Se estivese en castelán a xente protestaría, seguro. Que estea nun galego correcto non ten importancia ningunha. Ata hai un "y"!!!
ResponderEliminarComo teño o ordenador estropeado non podo sacar as fotos da cámara pois estou usando un trasto vello. Hai uns meses que saquei un par de fotos no Pórtico da Gloria, había varias sinalizacións, creo que das obras, e unha delas, acompañando un plano poñía "You are here/Usted se encuentra aquí/Vostede se atopa aquí". Sen comentarios.
ResponderEliminar