Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







sábado, 17 de xullo de 2010

Fagor en galego


Fagor estrea web ampliando a súa oferta lingüística. Segundo a empresa vasca, a idea de introducir a posibilidade de que os visitantes usen o galego, o catalán e o éuscaro, á parte do castelán, busca ampliar a base de influencia. "O galego é falado por máis de tres millóns de persoas. O éuscaro é lingua oficial de dúas comunidades autónomas. O catalán é a lingua de Andorra e fálano cinco millóns de habitantes de Catalunya e outras comunidades levantinas", afirma a empresa nun comunicado.
Non é que a cousa sexa para botar foguetes pois a web da empresa de electrodomésticos inclúe diversas seccións amais do catálogo, que non están dispoñíbeis en galego, caso dos espazos do cociñeiro Karlos Argiñano ou dos expertos colaboradores coa marca. Pero polo menos, fixeron un pequeno esforzo que é de agradecer.

Ningún comentario:

Publicar un comentario