Ana Pontón, deputada do grupo parlamentar do BNG reclamou hoxe da Consellaría de Cultura que rectifique a súa política de fomento do libro e da lectura 'por ir en detrimento, a través dos recortes nas modificacións orzamentarias, das bibliotecas e da promoción do libro en galego', 'unha política que non encaixa precisamente co que deberan ser os obxectivos do Ano do Libro e a Lectura'. A noticia completa vén na Nosa Terra.
Manuel Bragado hai pouco que foi nomeado presidente da Asociación Galega de Editores. Nesta entrevista que lle fixeron o pasado luns 26, que introducirmos cun par de frases de Bragado: " a lectura non é só unha actividade de ocio, é un modo de axudarnos a entender o mundo[...] non concordamos cos termos do decreto de plurilingüismo"
Ningún comentario:
Publicar un comentario