Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







sábado, 17 de xullo de 2010

Bragado, presidente dos editores

Manuel Bragado, o director de Xerais e o mantedor do blogue Brétemas, novo presidente da Asociación Galega de Editores.
Manuel Bragado presentou a súa candidatura como froito do esforzo por aglutinar diversas sensibilidades dentro da entidade e espuxo os tres eixos fundamentais da súa proposta de traballo: a continuidade nos proxectos e tarefas, a firmeza na defensa dos intereses gremiais,  e o consenso e a cooperación corporativa e gremial. Tendo en conta estes tres piares, a directiva traballará co compromiso de acadar o recoñecemento definitivo da edición galega en todos os ámbitos, reivindicando a débeda histórica co libro e o seu papel de sector estratéxico no eido cultural e tamén no da innovación e transformación produtiva. Bragado compremetiuse a manter unha relación fluída e constante cos asociados, co fin de darlle resposta ás inquietudes e os retos que se lle prantexan as empresas editorias.
O novo equipo está formado por Manuel Bragado, de Edicións Xerais, presidente; Belén López, de Baía, vicepresidenta; Laura Rodríguez, de Hércules de Ediciones, secretaria; Xelasio Suárez, de Ir Indo, tesoureiro; Paco Villegas, de Cumio, vogal; Xosé Aldea, de Ouvirmos, vogal; Xulio Amigo, de Galaxia, vogal; e Consuelo Carreira, de Sotelo Blanco, vogal.

Ningún comentario:

Publicar un comentario