Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







luns, 19 de xullo de 2010

Excelente Galipedia

O pasado venres 16 de xullo aparecía a noticia en toda a prensa galega. Antón Lopo gañaba o premio García Barros deste ano. Eu tamén deixei aquí un post sobre o asunto, porén o que vou comentar agora foi algo que tiña en mente poñer daquela pero que debido a esta vida desordenada do verán acabou por pasárseme e non volvín a pensar no tema ata hoxe.
Como quen concede o premio García Barros é o concello da Estrada, o meu concello, presteille unha atención especial á nova e quixen informarme. Para saber mellor quen era Antón Lopo consultei a Galipedia e para a miña sorpresa, entre os premios acadados por este autor, estaba xa o García Barros 2010. Non pasaran máis que unhas poucas horas.
Máis eficacia, imposible, polo que, unha vez máis, os que xestionan a Galipedia, deben recibir os nosos parabéns. Eles tamén merecen un premio.

Ningún comentario:

Publicar un comentario