O post anterior fíxome lembrar unha foto que teño da sinalización que había na estada do Pórtico da Gloria que acaban de ser retirados hai uns días.
A foto saqueina eu, polo tanto é moi mala, no entanto non está aquí pola súa calidade, senón pola curiosa tradución presente neste cartel.
En castellano, non vos hai problema, está claro que estamos no Pórtico de la Gloria.
En galego, neste caso, menos mal, a cousa vai tirando, trátase do Pórtico da Gloria.
E en inglés? pois curiosamente, en inglés, o Pórtico noméase en castelán, Pórtico de la Gloria. A mensaxe está clara, o galego non é un idioma que serva para o importante, pode estar ben para uso doméstico nalgunha reserva, pero para dar a coñecer un dos nosos maiores ben culturais como é o Pórtico da Gloria, podemos darlle unha patada ao noso maior tesouro colectivo, o galego. Desta vez da man da Fundación Pedro Barrié de la Maza.
Ningún comentario:
Publicar un comentario