Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







martes, 13 de xullo de 2010

Xa é posible galeguizar o Windows 7, pero...

Vía Ciberirmandade:
A pesar de que o ficheiro de autoinstalación do idioma galego leva máis de 3 meses dispoñible na páxina web de Microsoft, a secretaría xeral de política lingüística, responsable da negociación, non lle deu ningunha publicidade a día de hoxe. Ademais, para usar o galego, o usuario precisa ter instalado previamente no Windows 7 o idioma español para que se poida instalar o galego, algo difícil de entender. Polo tanto se tes o teu Windows 7 en inglés ou calquera outra lingua deberás instalar primeiro o ficheiro do idioma español para poderes utilizar o teu computador na nosa lingua. Con todo o sistema operativo nin sequera está traducido ao 100%, cousa inexplicable, polo que non te estrañes se ves descricións ou pantallas de axuda en español, xa que é a lingua que substituirá ás carencias do galego. En definitiva toda unha chambonada xestionada  polo inefable Anxo Lorenzo. 
Información oficial sobre o paquete de tradución:
O paquete de idioma de interface de Windows (LIP) fornece unha versión parcialmente traducida das áreas máis utilizadas de Windows. Despois de instalar o LIP, o texto do asistente, as caixas de diálogo, os menús e os temas de Axuda e asistencia móstranse no idioma do LIP. O texto que non estea traducido aparecerá no idioma base de Windows 7. Por exemplo, se mercou a versión en español e instalou un LIP para galego, parte do texto permanecerá en español. Pode instalar máis dun LIP sobre un único idioma base. Os LIP de Windows poden instalarse en todas as edicións de Windows 7.

Ningún comentario:

Publicar un comentario