Tirado da Nosa Terra:
A Consellaría de Cultura identifica 'progreso intelectual' co castelán. Veno de demostrar coa presentación de 'Ad Limina', unha revista científica de carácter anual que no papel está editada exclusivamente en español.
O departamento que dirixe Roberto Varela vén de marxinar o galego na edición da publicación científica en formato papel. A consellaría reduce a presenza da lingua do país á versión electrónica de Ad Limina –que aínda non está dispoñíbel–, que tamén será traducida ao inglés.
Así llo confirmaron fontes de Cultura a A Nosa Terra, malia que o luns a consellaría enviou unha nota de prensa na que se aseguraba que tanto a revista en papel como a de formato electrónico podería ser consultada en galego, castelán e inglés. A S.A. de Xestión do Plan Xacobeo é o organismo que edita Ad Limina.
Ningún comentario:
Publicar un comentario