Para que conste neste escrito, meu nome é Rubén Herruzo, administrador e máximo responsable desta web. O que vou dicir é a verdade guste ou non. Os que me coñecen saben que me caracterizo pola verdade e a sinceridade, inda que a veces podo ser un pouco bruto expresándome, pero nunca mentindo, ninguén me pode coller nun renuncio. Por certo nin quero parecer unha vítima nin dar magoa, simplemente facervos chegar a realidade das cousas, que noutros lados tápanse para non crear malestares.
Non sei que pasara nos próximos meses se a web seguira aberta ou non, xa que nos últimos días xurdiron problemas por falta de respecto ao meu traballo dende certas entidades, e inda que soe a prepotencia, fago un traballo altruísta no que estou a perder cartos do meu peto, por fomentar o celtismo, recordando a nosa historia e as nosas raíces na única web do mundo que recompila todos estes datos nun mesmo espazo de internet.
O tema persoal o tocarei noutro capitulo se chega o caso de que non continuara esta web en aberto. Xa que depender dos cartos dos demais, e sentirte pisoteado e menosprezado dóeme bastante, e mais se quen o fan, son os que representan ao club da túa cidade, o equipo dos teu amores, polo que eu daría a vida sen pensalo dúas veces.
Referente o tema da bandeira galega na camiseta. A conversa viña polo seguinte:
A idea principal era a bandeira galega, que non se aceptou e non se deron motivos. Na presentación falando cun directivo R.... e diante dun fotógrafo coñecido por todos E...... eu saco o tema, que me gustaría ver a bandeira galega sen que representara independentismo nin nada raro, soamente que represente o equipo que en 1923 se fusionou para formar a escuadra mais potente na Galiza.
Na conversa este directivo me responde que mentres el pertenza o club que non hai bandeira algunha e menos galega porque somos españois. A min non me gustou o ton nin as formas, eu díxenlle que eu son galego por moito que poña meu DNI e el dicíame que son español, o tema que non quería que a conversa rematara como a verbena da aurora entón deixeina estar...acto seguido deume conversa Xavier o concelleiro de deportes, e preguntoume polo tema que falabamos, díxenlle todo o que vos acabo de contar...e mais, que a web que dirixo esta en galego porque era algo que debía facerse así dende o meu punto de vista como equipo tradicional galego, pero que a miña ilusión seria tela en castelán e inglés, para chegar a moitos mais celtistas de todo o mundo, cousa que dende fai uns días xa podedes ler es castelán.
Xavier díxome que non me rebaixe e que nunca deixe o galego como segundo idioma, e xa lle dixen que non gusto da política, pero que por cariño a todas aquelas persoas que fixeron nacer o R.C.Celta en 1923, galeguistas e vigueses que loitaron por crear un equipo que representara a nosa terra, era o mínimo que podía facer por eles.
Espero que quede todo claro, porque non vou entrar a responder outras cousas nin a debater mais do tema. Se por culpa do que escribín na web, xurdira algún problema, falaría co fotografo e tendo como testemuña daría o nome do conselleiro do R.C.Celta, sen o permiso dese non me valdria de nada xa que seria miña palabra contra a del.
El sabe o que dixo, e eu aquí non digo mais que unha realidade, se quere mentir e dicir que non é así, ala a súa conciencia, aí é onde se diferencian as persoas humildes e as que van de "señores" pola vida e non son mais que "tiburóns" das finanzas e dos números, nos que os sentimentos se pasan polo forro do pantalón.
Igual todo este asunto me crea mais contrariedade que beneficio, pero estou queimado moi queimado por todo o que sucedeu nos últimos dias. Que a xente intente afundir un traballo como este, por celos e por intereses dende a propia entidade paréceme unha VERGONZA, pero cando dende un principio nunca se souberon facer as cousas, menos as van a saber facer agora.
Vos non vos preocupedes que inda que sexa con cartos anónimos, intentariamos tirar pa adiante ca páxina e de non poder facelo, fariamos un comunicado explicando os motivos que nos puideran levar o peche.
Unha páxina que hoxe tivo case 4000 visitas, e no ultimo mes case 10.000, penso que di algo do traballo que hai detrás. Inda que outros nos miren como competencia ou como un "tolo" que leva unha paxina do seu equipo, que pola súa condición de "Celtarra" e mellor non arrimarse a el, xa que pode contaxiar algunha enfermidade.
Pois si, son celtarra, estou orgulloso da miña peña dos meus compañeiros e sobre todo de ser celtista ata a medula, inda que moleste.
Pa finalizar, penso que non fai falla darlle importancia mais a bandeira galega, claro que algúns sentirémonos molestos, pero canto mais falemos do tema, mais importancia lle daremos a quen falou desta maneira.
O mellor é estar tódolos celtistas unidos e remar no mesmo lado, no do escudo, non no dos intereses dos que gobernan a entidade.
Vía: Ciberirmandade
Ningún comentario:
Publicar un comentario