Iso é o que dixo Ferrín hoxe na súa visita institucional como presidente de RAG ao Parlamento. Lemos o mesmo tanto no Xornal como na Nosa Terra, de onde copiamos a información:
"Eu prefiro que se fale mal o galego a que non se fale nada", resolveu, preguntado sobre o nivel do galego oral dos deputados tras unha reunión coa presidenta do Parlamento autonómico, Pilar Rojo. "Hai persoas que o falan mellor que outros e o que hai que facer é procurar falalo cada vez mellor", subliñou.
En todo caso, o presidente da RAG incidiu en que "prefire" ver os axentes sociais de Galiza falando galego, aínda que sexa "mal", que ver que o clero católico non fai uso deste idioma. "Iso doe, a min polo menos, aínda que non son relixioso", concluíu.
Protexer o galego
Por outra banda, preguntado sobre que pode facer a Cámara autonómica a favor do galego, Ferrín recordou que "unha das súas obrigacións é lexislar" para protexer unha lingua "minorizada e marxinada" fronte a outra "imposta durante séculos". Nesta liña de promover leis que incidan sobre esta situación, advertiu de que a Lei de Normalización Lingüística "debe ser a nai de todas as medidas que se tomen".
Finalmente, sobre a reunión que mantivo coa xefa do Lexislativo, explicou que unicamente foi "unha visita de cortesía" á segunda autoridade política de Galiza. "Tiñamos que presentarlle os nosos respectos como institución", sinalou.
ostras, que compenetración! Estamos recollendo ao mesmo tempo...
ResponderEliminarIso significa que o estás facendo ben.
ResponderEliminar