O que lle botara algunha vez o ollo a este blogue saberá que eu non podo ver o fútbol. Téñolle alerxia.
E se hai algún seguidor habitual saberá que me gustan as meteduras de pata dos medios.
E como este blogue pretende xirar arredor da normalización, non podía deixar de poñer isto aquí. Non o atopei eu, senón alguén moito máis avispado: o mantedor do tumbelog as miñas historias.
O tradutor automático volveu a poñer en evidencia a versión en galego de La Voz de Galicia. E aínda hai xente que le este periódico!
Para que ninguén prema na ligazón deste medio desvelo o titular en español: España deslumbra
Ningún comentario:
Publicar un comentario