A Nosa Terra continúa a difundir ideas empresariais de calidade e en galego. Agora tócalle o turno a un proxecto desenvolvido pola Universidade de Santiago, o seu Grupo de Investigación Sociedade, Tecnoloxía e Territorio (GIS-T) desenvolveu a páxina web Granxa familiar que promove a comercialización de produtos agrarios galegos na internet. Este servizo pretende eliminar os intermediarios para reducir o prezo do produto.
o lema de Granxa Familiar é “o comercio xusto para Galiza” tanto para o produtor que recibe o beneficio directamente, como para o consumidor, que merca o produto máis barato.
A experiencia, que tamén busca frear a perda de poboación no rural, xa se promoveu en 25 concellos de Galiza e participan nela 22 familias.
De seguido van dúas reportaxes elaboradas pola Televisión de Galicia onde se explica o proxecto:
Venta directa. Produtos naturais.
Trazabilidade por confianza.
Ningún comentario:
Publicar un comentario