Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







xoves, 8 de xullo de 2010

Estudar galego contra estudar inglés.

Polo que estou vendo das últimas novas da prensa é máis doado estudar galego se eres estranxeiro que se vives aquí. Na Nosa Terra informan de que acaba de se inaugurar un cuso de galego para estranxeiros da Universidade de Santiago cun 85 matriculados procedentes de 27 países. Porén se un é un estudante do país, como moito, con algo de sorte, entrará no programa que destroza as seccións bilingües, e que viña funcionando correctamente ata o día de hoxe. De ser ese o caso,  poderá estudar algunha asignatura en inglés. Máis complicado o vai ter en moitos centros para que lle impartan materias en galego, porque diso se trata, de reducir a presencia do galego no ensino non universitario (no universitario xa está reducida).

Ningún comentario:

Publicar un comentario