Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







martes, 20 de xullo de 2010

As almas do Fental

De Vieiros:
As Almas do Fental conta a historia de Xosé, un ancián que vive no lugar do Fental, aldea do interior de Galiza a piques de quedar abandonada. Un pequeno e conmovedor relato protagonizado polo actor Fernando Morán sobre a soidade das xeografías do rural galego e a soidade dos nosos maiores.
A curtametraxe foi agora elixida para un proxecto educativo da Coordinadora Galega de Equipos de Normalización Lingüística. Deste xeito, proxectarase en arredor de 300 centros escolares de Galiza nunha iniciativa deseñada para prestixiar a lingua desde o eido audiovisual.

Ningún comentario:

Publicar un comentario