Disparatada xente haina en todas as partes. Se o señor Alfonso Rueda se manifestou en contra do bipartito por gastos superfluos e onerosos, gastos dun país non rico, aínda que Julio Llamazares dixo que Galiza lle parecía xente rica... Está en contra dun idioma milenario. Que polo noso pasotismo o deixamos morrer. Á xente nova dálle igual todo pero se a xente de fóra aprecia no noso idioma calidades cromáticas, poéticas, delicadas, requintadas, finísimas. Un idioma de vento, de marusía, de xistra, de piornos, de carpazas, de toxos, de xestas olorosas nos baños. Xente disparatada haina até nos políticos se non é a máis.
Este alfonso Rueda pois unha de cal e outra de area. En fin. El saberá. Pero o idioma é o único que temos. Sabíao o polígrafo Fermín Bouza Brey. Sabíao don Ramón Otero Pedrayo. Sabíao o que tantas pasou en vida Alfonso Castelao, é un idioma doce e melosiño coma o mel, férido como diría Pondal, de "aceiro e mel" como dicía de Lugo o moi bo poeta pero exiguo Lorenzo Varela, segundo conta Xavier Rodríguez Barrio.
Tamén morreu o cantante Pucho Boedo que era fenomenal. E rexeitaba outras interpretacións da súa música. Dicía: "Aparta". Porque tiña estilo o bo de Pucho Boedo: a aldea. Na aldea e se non a fai ninguén téñoa que facer eu hai unha novela: de Kooning, fame negra, esborrecos de animais, violencia conxénita ao Cela de estadullos, fungueiros ou betoques... Hai aí unha excelente novela. Como novelista é Teresa Moure, compañeira miña de estudos.
Aleccionaba Pondal: "Sede fortes galegos, sede rexos". Porque Pondal subscribe a teoría de nación como mito. Hai que facer ben as cousas e en todos lados cocen fabas. Unha cousa depende como a digas ou a fagas. Hai que facer novelas. Hai que ser retroprogresivo. Hai que ser alternativo. Hai que proceder cun plus de creatividade porque a sociedade está fodida. Tocando as febras máis sanotas e sensíbeis da sociedade: Sting e os ianomamis que é, segundo Subirats, un centro espiritoal perdido. E como sostén Murado: a vida é para vivila.

Ningún comentario:
Publicar un comentario