Na sesión deste martes, o PSOE retirou as dúas emendas presentadas e defendeu unha nova acordada co resto de grupos que recolle algunhas suxestións técnicas dos letrados do Senado. Así, o Regulamento da Cámara permitirá que os senadores poidan presentar todo tipo de escritos e iniciativas en catalán, éuscaro, valenciano e galego, e empregar estas linguas na defensa e debate das mocións nos plenos.
Sobre o custo da novidade, os defensores da proposta insisten en que será asumido polo orzamento actual da Cámara sen aumentalo "nin un euro".
Só o PP se mantivo en contra da iniciativa, que dubida da súa constitucionalidade aínda que non ten pensado recorrer ao alto tribunal, segundo aclarou Rosa Vindel ao finalizar a reunión da Comisión. A senadora do PP defendeu tres emendas para baleirar de contido a proposta, que considera "incomprensíbel" e coa que se impón, dixo, "o interese duns poucos sobre o interese xeral".
O portavoz do PP no Senado, Juan Van-Halen, o zunante da foto, afirmou que "Non van ver ao señor Zapatero e os ministros con pinganillos. Nós si, pero eles non. O señor Zapatero chega, ata el, a darse conta de que isto é unha ridiculez".
Ningún comentario:
Publicar un comentario