por Cris Moss, no Xornal de Galicia:
A diferenza doutras comunidades coas súas respectivas festas, Galicia non conta cunha celebración institucional de seu na que conmemorar o 25 de xullo, Día Nacional de Galicia dende que a Xunta preautonómica así o decidiu sen que ningún dos Gobernos democráticos posteriores decidise mudalo .
Ante a ausencia de celebración oficial, a entrega das Medallas de Galicia vén sendo, dende hai anos, o acto central do 25 de xullo no que á actividade do Goberno se refire. Nesa entrega de distincións, o presidente da Xunta adoita pronunciar un discurso arredor do galeguismo e dos valores do país.
Despois de apurar ao máximo o prazo, o pasado venres a Xunta anunciaba os galardoados coa máxima distinción da autonomía, e a continuación comezou a enviar os correspondentes convites ao amplo número de autoridades e representantes sociais que acudirán ao Palacio de Congresos de Galicia.
Desta volta, a Xunta decidiu que as indicacións para acudir ao acto central da festa de Galicia non sexa redactadas só en galego. Malia seren dirixidas, na súa amplísima maioría, a persoas con cargos na propia comunidade, lémbraselles, tamén en castelán, o xeito en que deben vestir e a hora a que deben acudir.
Ningún comentario:
Publicar un comentario