Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







venres, 30 de xullo de 2010

O cazador de palabras contra Ben falado!

A web da SXPL ten unha ligazón directa ao programa da TVG presentado por Xesús Ferro Ruibal, Ben falado!. Está ben, trátase dun programa no se dan a coñecer cousas da lingua. Ten por exemplo, unha sección adiacada á Ecoloxía Lingüística Internacional, será un noticiario con información sobre os acontecementos e procesos de normalización lingüística que se están a realizar por todo o mundo. A pena é que o progama é case imposible de ver, emíteno aproximadamente ás 15:30, despois do tempo e os deportes.
Pero a web da SXPL non informou en ningún momento doutro programa, éste de media hora, tamén centrado no tema da lingua: O Cazador de Palabras, un docushow divulgativo que ten como obxectivo transmitirlle ao espectador a emoción das palabras, o seu lado entretido e curioso e os aspectos máis divertidos da lingua. Este novo programa de entretemento lingüístico, presentado por Matías Tarrío, é un espazo familiar que intenta demostrar que a lingua pode ser empregada en todas as circunstancias e para falar de calquera cousa, seria ou divertida, social ou familiar, científica ou popular.
Por que a SXPL destaca o progama de Ferro Ruibal e non di nada a respecto do de Matías Tarrío?
Será por que é un programa desenfadado, frente ao primeiro, cun académico na cabeceira? Como non o recomenda a SXPL, eu si que o fago. Por tomar un bocado, ide a este programa, do 9/04/2009.
O Ben falado xa vai pola súa segunda edición, mentres que O Cazador de Palabras, que na súa anterior emisión estaba en horario de máxima audiencia agora temos que velo nun horario imposible para o verán, ás 16:20, non tivo a mesma sorte.
Probablemente debido á maior duración do programa, a TVG fai máis complicado o acceso na súa web ao programa máis popular, O Cazador de Palabras, pois para acceder aos seus vídeos temos que ir primeiro á ligazón anterios e despois premer en Gravacións e despois volver a premer en aquí. No entanto para acceder ao arquivo de programas de  Ben falado, basta con ir a esta ligazón.

Ningún comentario:

Publicar un comentario