por José de Cora/Pelúdez, en Galicia Hoxe, dentro da colección "Galicia en 80 artigos":
A piques de rematar a Volta fomos ver o terreo que pisamos. Na entrada do Instituto Lucus Augusti existe hoxe unha das cartas xeométricas orixinais de Domingo Fontán, ou dito máis rápido, o primeiro mapa de Galicia. Falamos co subdirector, Manuel Celso Matalobos, a quen se lle debe en boa medida a recuperación do mapa, que se atopaba esquecido nunha estancia da Deputación, de cando alí estivo o instituto.
O ano 1837 Fontán pide axuda económica ás deputacións de Lugo, Ourense e Pontevedra para a estampación do mapa e se cadra desa subvención recibida provén a existencia no instituto do exemplar que agora pode verse alí, limpo e restaurado.
O historiador fai unha intervención.
-Cando os revolucionarios franceses aproban a Constitución Civil do Clero, son centos os cregos que se negan a xurala. Chamáronlles os refractarios. Uns morren asasinados e outros marchan fóra. A Galicia chegan ducias deles. Uns bispos os acollen mellor que outros, pero en todo caso, aínda sendo refractarios, tiñan prohibido dar clases aos nenos galegos, por medo a que trouxeran ideas demasiado avanzadas. Un deses cregos vive en Noia, desobedece as prohibicións, e instrúe en francés e inglés a un neno chamado Domingo Fontán. Seguramente é un dos principais responsables de que Fontán sexa unha eminencia científica e de que Galicia conte cun mapa moito antes que o resto de España.
-A historia é para rematar dicindo aquilo de que non hai mal que por ben non veña.
-Certo, pero tamén hai que lembrar nela a José Rodríguez, o matemático de Bermés que traballa cos franceses na medición do metro e que logo vai ser profesor de Fontán.
-É curioso este Fontán. Foi iniciado polos refractarios e rematado polos revolucionarios..

Ningún comentario:
Publicar un comentario