Segundo informa A Nosa Terra, o Panteón de Galegos Ilustres, situado na Igrexa compostelá de San Domingos de Bonaval, reabrirá as súas portas ao público este mércores en virtude dun convenio asinado entre a consellaría de Cultura e o Arcebispado de Santiago que permitirá que sexa visitábel durante seis días á semana.
Lembremos que o xoves realizarase o acto cívico-reivindicativo promovido pola AELG, en lembranza do traslado dos restos mortais de Rosalía de Castro, que tivo lugar o 25 de maio de 1891.Con este acto, apoiado por máis de 200 asociacións, reivindicarase a apertura do Panteón, así como a súa devolución ao seu lexítimo propietario: o pobo galego.
Eu, Domingo Fontán, se podo volverei a visitar o que ata hai un mes foi o meu cadaleito. Xa nos veremos por alí. Lémbrovos que alí estiven acompañado de xentes tan ilustres como Rosalía de Castro, Alfredo Brañas, Francisco Asorey, Ramón Cabanillas,ou Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.
Ningún comentario:
Publicar un comentario